Mañá Melide celebrará o Día do Rio dentro da programación de festas do San Roque 2011
18/08/2011
O venres 19 de agosto terá lugar na praia fluvial de Furelos o Día do Río dentro da programación de festas do San Roque 2011.
Dentro da programación de actividades contemplase un xantar non gratuíto para todas persoas que queiran achegarse ao lugar onde se poderán degustar pratos como o polbo ou o churrasco. Ademais haberá xogos tradicionais como a rá, a petanca ou a chave; un campionato de tute que dará comezo ás 16.30 h onde a parella gañadora poderá degustar unha cea ou unha comida nun restaurante de Melide, coa entrega de trofeos para o segundo e o terceiro premio. Para os máis cativos da vila contarase con inchables e con xogos diversos nas piscinas descubertas. Toda a xornada estará amenizada coa música da charanga Tralla 101.