Ayuntamiento de Melide

Hoxe remataron os campamentos urbanos do Concello de Melide.

12/08/2011
A concelleira de Cultura, Deportes e Normalización Lingüística clausurou hoxe os campamentos urbanos de Melide, destacando a alta participación dos cativos e cativas de Melide. Arredor de 90 nenos poideron desfrutar do amplo e variado programa de actividades, que foi un dos reclamos máis atractivos dos campamentos urbanos.
Hoxe ponse punto e final a máis dun mes de actividades lúdico deportivas das que poideron desfrutar os cativos e cativas de Melide dende os catro ata os once anos inclusive para os campamentos urbanos, e de oito aos dezasete para os deportivos. Neste tempo, os cativos poideron participar dunha gran variedade de actividades entre as que destacou a alimentación saudable da man da campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” coa colaboración da Consellería do Mar,  a aprendizaxe gastronómica onde os nenos e nenas experimentaron coas artes culinarias, por un día foron locutores de radio, ademais de múltiples actividades deportivas entre as que resaltou a visita ás piscinas cando a meteroloxia así o permitiu. Tanto a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, como a concelleira de Cultura, Dolores Gómez, amosaron a súa satisfacción polo resultado acadado na organización dun ocio de calidade para os mais cativos da vila, e así axudar tamén a sobrelevar os meses de verán para ás familias. Ademáis, a propia concelleira subliñou a súa vontade de continuar con este tipo de actividades para que cada ano se incremente tanto a participación como a ampliación das actividades.
xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion