Concello de Melide

ORGANIZA A CONCELLARÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Programación especial para o día 8 de marzo

05/03/2010

O Concello de Melide, a través da Concellaría de Benestar e Igualdade, organiza distintas actividades, para público infantil e tamén para adultos, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo. Consulta nesta web toda a programación.

Durante toda esta semana o Concello de Melide desenvolverá diversas actividades con motivo do Día da muller, que se celebra cada 8 de marzo, algunhas das cales xa comezaron a semana pasada. O luns 1 de marzo comezou unha das propostas dirixidas especificamente a mulleres menores de 65 anos. Trátase dun curso de iniciación á informática que se desenvolve dous días á semana dende o luns, 1 de marzo, e ata o 31 de maio.
Entre as actividades organizadas pola Concellaría de Benestar e Igualdade hai propostas para o público infantil e tamén para adultos.


LUNS 8 DE MARZO -

11.45 h: No IES de Melide
Proxección de curtas: A visión do mundo desde a óptica feminina.




17.30 h: No Edificio Multiusos
Para os máis pequenos: Contacontos e xogos pola igualdade.




19.30 h: No Edificio Multiusos
Proxección cinematográfica para todos os públicos: "La sonrisa de Mona Lisa"




MARTES 9 E XOVES 11 DE MARZO.-

17.30 h: Na cociña da Casa do Concello.
Obradoiro de cociña para os máis pequenos, nenos e nenas: Cociñando en igualdade.




MÉRCORES E XOVES (ata finais de abril).-

20.00 - 22.00 h: Na cociña da Casa do Concello.

Curso de cociña para homes.

O Concello de Melide tamén ten preparada unha exposición de diversos traballos de pintura e artesanía elaborados por moitas mulleres de Melide e que representan tamén imaxes de mulleres. Estas artistas anónimas terán así ocasión de ver os seus traballos na sala de exposicións de Melide. A inauguración da mostra será o luns ás 19:00 h.

Ese mesmo día, darase a coñecer os tríticos elaborados polo Concello de Melide no que as protagonistas son importantes mulleres que dan nome a diferentes rúas de Melide: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Maruxa Mallo, María Casares, María Barbeito, Francisca Herrera, Inés de Castro, Emilia Pardo Bazán, Olimpia Valencia ou Clara Campoamor, entre outras. Con esta material preténdese dar a coñecer e divulgar a vida e obra destas importantes mulleres, descoñecidas en moitos casos.

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion