FILLO ADOPTIVO DE MELIDE
Melide celebra mañá un pleno extraordinario para nomear Fillo adoptivo a José Blanco
23/07/2009
- Ás 12,30 horas celebrarase un Pleno Extraordinario para nomear ao Ministro de Fomento Fillo adoptivo do concello.
No salón de Plenos do Concello de Melide terá lugar mañá, día 24 de xullo, un pleno Extraordinario para proceder ao nomeamento de Fillo Adoptivo de Melide a José Blanco López, Ministro de Fomento.
Este recoñecemento débese ao seu labor en defensa dos intereses do interior de Galicia e á súa estreita relación dende moi novo con Melide e as súas xentes.