Concello de Melide

SEGUNDA EDICIÓN DA FEIRA DE OPORTUNIDADES

Éxito de participantes e vendas na segunda edición de MERCAMELIDE

25/08/2008

Trinta e unha firmas comerciais de Melide reuníronse esta fin de semana no Pazo de Congresos nunha feira de oportunidades que vai medrando en cada edición.

O Pazo de Congresos de Melide abriu as súas portas o sábado 23 ás 11 da mañá e mantivo vivo o Mercamelide ata o domingo ás 20:00 horas. Alí desenvolveuse a segunda edición da feira de oportunidades do comercio melidense, Mercamelide, que se celebrou por vez primeira no mes de febreiro deste ano. 

Durante esta fin de semana foron moitas as persoas que se achegaron ata o Pazo de Congresos para comprobar que estaban á venda “artigos de calidade a prezos reducidos”. Durante as tardes, o Pazo de Congresos reservaba unha boa parte do local para os máis pequenos no que o Concello de Melide instalou un amplo espazo de xogos, inchables e obradoiros.

Ao remate deste evento os comerciantes estaban satisfeitos coas vendas e tamén coa afluencia de público que durante toda a fin de semana visitou o Pazo de Congresos, ond e puideron atopar todo tipo de artigos de agasallo, calzado, moda, complementos do fogar, perfumería, óptica, ferretería, arte, mercería, moda infantil, deportes e fotografía, entre outros.
Dende a organización, o
concelleiro de Promoción Económica, Antonio Díaz, afirmou estar "moi satisfeito pola resposta da xente que volveu ateigar o Pazo de Congresos, e tamén polo excelente traballo desenvolvido polos comercios de Melide, que cada día consolidan un pouco máis este Concello como punto de referencia das compras do interior do país".
 

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion