Concello de Melide

Comezan as obras de construcción da senda peonil cara o Campo de Fútbol Municipal.

15/05/2012

Hoxe dan comezo as obras de construcción da senda peonil cara o Campo de Fútbol Municipal. Trátase dunha demanda dos veciños e veciñas da vila xa que o Campo de Fútbol Municipal encóntrase nas inmediateces da estrada comarcal, estrada que rexistra unha alta afluencia de tráfico.

Xa comezaron as obras para a construcción da senda peonil cara o Campo de Fútbol Municipal do Concello de Melide. Trátase dunha obra de importe de 52.000 € máis IVE que acomete a Conselleria de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras  na súa totalidade, para a construcción dunha senda de 470 X 1,80 metros, dende que rematan as beirarruas existentes na marxe dereita ate a instalación deportiva.

Esta era unha obra moi demandada polos veciños e veciñas de Melide xa que esta zona do pobo rexistra un alto número de viandantes, contribuíndo así á seguridade vial de peóns e conductores. 

Segundo a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, maila concelleira de Deportes, Dolores Gómez, é unha obra necesaria e fundamental neste treito de estrada comarcal, tanto polos maiores que a diario tránsitan polos alredores como polos propios rapaces e rapazas que entrenan a diario no Campo de Fútbol.


© 2008 Concello de Melide