
Unha mostra dos 1500 volumes que os Padres Pasionistas doaron ao Concello de Melide.
Os alumnos/as das disciplinas impartidas dentro do Conservatorio Municipal de Melide fixeron unha escenificación do aprendido durante o curso escolar e deleitaron a todos os veciños e veciñas de Melide coas súas notas musicais.
Este fin de semana tivo lugar o acto de clausura das Escolas Deportivas 2011/2012 do Concello de Melide. Cada ano engadénse novas disciplinas á oferta de ocio e deporte, destacando este ano a recuperación do Baile Galego.
O 13 de Maio de 2012 tivo lugar a XXI Festa do Melindre e da Respostaría Tradicional da Terra de Melide.
Melide vistese de festa para celebrar o Entroido 2012. Neste albúm faise unha selección dos diferentes eventos que teñen lugar nestas datas de troula, crítica e diversión.
Febreiro acolleu en Melide a novena edición da feira de oportunidades por excelencia da comarca de Melide, con novas actividades e promocións.
Nun acto cultural cheo de simbiose galego-brasileira Cleudene de Oliveira presentou o seu traballo literario "Xosé Neira Vilas e Rachel de Queiroz: fabuladores artífices" perante o seu mestre en Melide.
A orquestra, o grupo folk e a banda do conservatorio actuaron na Igrexa parroquial de Melide para celebrar o Nadal cun concerto no que as tres formacións deleitaron ao público presente con pezas clásicas e arranxos dos propios profesores.
Galería fotográfica dalgunhas das actividades programadas pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística para o Nadal 2011.
Melide viviu a súa semana grande de festas en honor ao San Roque entre o 15 e o 21 de agosto. Nesta galería de imaxes recóllense algúns dos moitos actos que encheron esta semana de música, cultura e diversión.
O sábado 7 e o domingo 8 de agosto o Concello de Melide, a través da Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, organizou a terceira edición da Feira do Libro no Camiño, a única que se celebra en toda a ruta do Camiño Francés. A través desta web poderás lembrar as imaxes dalgúns dos momentos máis significativos desa fin de semana de cultura.
O 28 de maio clausuráronse as Escolas Deportivas Municipais do curso 2009-2010, ás que asistiron 425 persoas, dende os tres anos ata a terceira idade. Nesta galería recóllense as fotografías destas exhibicións.
O segundo domingo de maio de 2010, o día 9, o Concello de Melide celebrou, en colaboración coas catro casas reposteiras de Melide, a XIX Festa do melindre e da repostería tradicional da Terra de Melide. Nesta galería fotográfica podes ver algunhas das imaxes máis significativas deste evento, que se celebrou na Praza do Convento.
A asociación O Castelo organizou, en colaboración co Concello de Melide, a VI Foliada, que renovou a tradición gaiteira desta comarca os días 24 e 25 de abril. Amosámosche nesta web algunhas das imaxes máis representativas da VI Foliada.
Grazas á colaboración de Mingos Fuciños, ofrecémosche a través desta web imaxes emblemáticas do Melide antigo, que forman parte do seu arquivo.
A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística volveu organizar na primeira fin de semana de agosto a Feira do Libro no Camiño, que nesta segunda edición se trasladou ao Cantón de San Roque.
Nesta galería recóllense os momentos máis importantes desta feira de teatro, obradoiros, recitais, arte plástica e outras propostas, que baixo o título de Feira do Libro no Camiño son xa un referente cultural no calendario galego.
Dende esta galería de imaxes coñecerás o proceso de creación da alfombra e o fermoso resultado, no que participaron máis de cincuenta veciños e veciñas de Melide. A todos eles, grazas.
Como cada último domingo de abril, Melide celebrou a súa Foliada, organizada como cada ano pola Asociación Cultural e Musical O Castelo.
Neste ano 2009, ademais, a Foliada desenvolveuse durante toda a fin de semana, o sábado 25 e o domingo 26 de abril. Repasa nestas galerías algunhas das mellores imaxes deste evento de homenaxe á música e cultura tradicional galega.
Visita nesta galería de fotos as mellores imaxes do Entroido 2009 e das actividades organizadas con motivo desta festa pola Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística.
O domingo 25 de xaneiro de 2009 celebrouse durante todo o día no Pazo de Congresos de Melide a I Feira-Exposición de Gando Autóctono de Galicia, que trouxo a esta vila máis de cincuenta cabezas de gando. Vacas, bois, galiñas de Mos, ovellas e unha mostra informativa sobre as políticas de protección do gando autóctono atraeron a centos de persoas ao Pazo de Congresos durante todo o día. Esta galería de fotos lembrarache esta feira.
A través desta galería fotográfica poderás dar un paseo polos momentos máis fermosos do Nadal 2008 de Melide. A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística encargouse da organización de actividades culturais nas parroquias, a cabalgata de reis, obradoiros, e outras actividades que poderás lembrar a través desta web.
A exposición pode visitarse no Edificio Multiusos do Concello de Melide do 1 ao 23 de outubro. A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística organizou tamén actividades vencelladas a esta exposición.
A concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide organizou entre o 29 e o 31 de agosto de 2008 a I Mostra do traxe galego e música tradicional. Foron tres días de exposicións, música, obradoiros, conferencias,... etc, que agora podes lembrar a través desta galería de imaxes.
Entre o venres 15 e o venres 22 de agosto de 2008 celebráronse en Melide as festas do San Roque. Actuacións musicais, teatro, deporte e outras moitas actividades quedaron recollidas nesta galería de imaxes.
Na fin de semana do 26 e 27 de xullo, celebrouse en Melide a I Feira do Libro no Camiño, coa participación de nove librarías e unha programación cultural para nenos e maiores.
Revive a través desta galería as mellores imaxes desta iniciativa do Concello de Melide.
O Corpus 2008 recuperou en Melide as vellas tradicións. Durante pouco máis dunha semana, máis dun cento de voluntarios fixeron posible un traballo tecido coas mans agarimosas do traballo en común. O resultado foi a beleza das flores entrelazadas formando unha fermosa alfombra floral na Praza do Convento, o 25 de maio, e os tres arcos que daban a benvida dende as tres rúas de acceso á praza máis céntrica da vila.
Sirva esta galería como lembranza a aquel fermoso traballo, e tamén como agradecemento do Concello de Melide aos moitos voluntarios e voluntarias que o fixeron posible. Grazas.
O 8 de xuño, simultaneamente con máis de cen concellos de toda Galiza, celebrouse en Melide a Festa do Deporte, un día de homenaxe á actividade deportiva, que tomou as rúas, os parques e outros espazos públicos.
En Melide, o Concello organizou, en colaboración cos distintos clubs e asociacións deportivas, unha xornada na que participaron persoas de todas as idades, en dous escenarios: pola mañá, na pista exterior do Edificio Multiusos, disputáronse encontros de Fútbol 3x3, Basket 3x3, Mini-Basket 3x3, ping-pong, Mini-Tenis, Bádminton, Fut-Tenis, unha zona de malabares, unha zona de indiacas, 3 zonas de xogos tradicionais (bolos, chave, etc) e un rocodromo.
Pola tarde, a actividade desprazouse ao céntrico Cantón de San Roque, onde se instalaron
6 mesas de xadrez, 2 mesas de parchís, unha zona de indiacas, unha zona de malabares e unha zona de xogos populares.
O 7 de xuño de 2008 viviuse en Melide unha xornada histórica para a cultura local. A Asociaciación de Escritores en Lingua Galega (AELG) entregou a simbólica letra "E" ao escritor melidense Xosé Vázquez Pintor, nunha xornada que encheu Melide de rostros da nosa cultura.
Propoñémosche estas imaxes para unha visita aos espazos culturais, instalacións deportivas, centros educativos... do noso concello.
Viaxa con esta galería polas ribeiras do Catasol e do Furelos, polo paseo do Castelo, a praza do Convento... todos eles lugares emblemáticos da paisaxe melidá.
A través destas imaxes poderás coñecer unha pequena mostra do patrimonio artístico melidense, especialmente do relixioso e do etnográfico.
Entra e contempla Melide desde o ar e desde o Castelo, unha panorámica diferente da nosa vila.