Concello de Melide

Galerías: Corpus 2009

Por segundo ano consecutivo o Concello de Melide promoveu a elaboración de traballos florais con motivo da celebración de Corpus. Este ano, amais da alfombra e dos arcos, que superou en tamaño á do ano anterior (15x15 metros), realizouse un altar de flores proxectado sobre a parede da Igrexa Parroquial. O motivo central da alfombra que cubriu a Praza do Convento o domingo 14 de xuño foi unha réplica do cruceiro de Melide, do século XIV e catalogado como o máis antigo de Galicia.

Dende esta galería de imaxes coñecerás o proceso de creación da alfombra e o fermoso resultado, no que participaron máis de cincuenta veciños e veciñas de Melide. A todos eles, grazas.

< Anteriores Seguintes >


Anterior Seguinte
xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion