
Como cada último domingo de abril, Melide celebrou a súa Foliada, organizada como cada ano pola Asociación Cultural e Musical O Castelo.
Neste ano 2009, ademais, a Foliada desenvolveuse durante toda a fin de semana, o sábado 25 e o domingo 26 de abril. Repasa nestas galerías algunhas das mellores imaxes deste evento de homenaxe á música e cultura tradicional galega.