Axenda
26 de febreiro
< Anteriores 1 dia | Seguintes 1 dia>
ELIMINACIÓN DE BARREIRAS
26 de febreiro de 2011 A alcaldesa de Melide, Socorro Cea; o concelleiro de Deportes, Antonio Varela, e outros membros da corporación municipal inaugurarán este sábado, 26 de febreiro, as obras realizadas no pavillón polideportivo e que melloran notablemente a accesibilidade da instalación (creación de dous novos baños e instalación dunha plataforma elevadora ás bancadas). A inauguración será ás 18.45h antes do partido que enfrontará ao Melide F.S. co Vilalba ás 19h.